Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cristina López entrega os premios do VII concurso de fotografía "Estampas de Paz e Acougo"

Cristina López entrega os premios do VII concurso de fotografía "Estampas de Paz e Acougo"

O acto contou coa presenza do recoñecido fotógrafo lucense Eduardo Ochoa, e o resto de integrantes do xurado

A área de Participación homenaxeou ao fotógrafo Carlos Valcárcel

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística,
    • Programación cultural,
    • Museos e exposicións,
    • Cemiterio
Martes, 14 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López entrega os premios do VII concurso de fotografía "Estampas de Paz e Acougo"

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, entregou hoxe os premios do VII concurso de fotografía "Estampas de Paz e Acougo". A área de Participación homenaxeou ao fotógrafo local Carlos Valcárcel, do que Cristina López destacou a obra de Carlos Valcárcel, e afirmou “que perdurará na memoria da cidade de Lugo”-

O concurso este ano tivo como temática a simboloxía oculta que se reflicte nas construcións funerarias dos cemiterios. O xurado valorou a calidade técnica e artística das obras, dándoselle unha especial relevancia á captación da sensación de paz e harmonía coa que se impregnan os recintos dos cemiterios. O xurado estivo formado polo fotógrafo Eduardo Ochoa, Serafín Saavedra, encargado do Cemiterio Municipal e Carlos Álvarez, traballador da área de Cultura do Concello de Lugo.

"Serenidade", de Jesús Burgo, foi a imaxe gañadora dos 600€ do primeiro premio. O segundo premio, con 400€, foi para Ana Cancio, coa imaxe "Coroa de Hedra". Na terceira posición rematou "Quietude", de Aída Martín, que levou un premio de 200€. Cristina López agradeceu a todas as persoas que presentaron imaxes a súa participación no concurso.

Audio

  • A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre o Concurso de Fotografía do Cemiterio| Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cristina-lopez-entrega-os-premios-do-vii-concurso-de-fotografia-estampas-de-paz-e-acougo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/211213_cristina_lopez_concurso_fotografia_cemiterio.mp3