Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cristina López entrega en Galegos o calendario elaborado dende o Arquivo Municipal

Cristina López entrega en Galegos o calendario elaborado dende o Arquivo Municipal

A nova edición "A terra entre as mans II", recolle imaxes e documentos históricos relacionados co rural e o entorno da cidade.

A concelleira de Participación, Cristina López, afirmou que "dado o éxito acadado, continuaremos co proxecto para visibilizar todas as parroquias de Lugo".

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Sábado, 29 de marzo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López entrega en Galegos o calendario elaborado dende o Arquivo Municipal

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, participou nun encontro con veciñas e veciños de Galegos onde continuou co ciclo de presentacións á veciñanza do calendario de 2025 editado pola área de Participación e elaborado con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal. Este ano, baixo o título a terra entre as mans, recóllense imaxes e documentos históricos relacionados con distintas parroquias de Lugo.

A edil de Participación está a realizar unha rolda de visitas ás distintas parroquias que forman parte do proxecto, "un gran éxito cada ano que nos fai manter un serio compromiso para visibilizar o rural de Lugo e  súa historia", explicou.

López quixo facer especial fincapé "no papel dos nosos antepasados e da súa importante labor que continúa a chegar ata o presente, todo en parte grazas á información que poden proporcionar as imaxes antigas sobre a vida cotiá, as tradicións e a cultura doutras épocas".


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cristina-lopez-entrega-en-galegos-o-calendario-elaborado-dende-o-arquivo-municipal