Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cristina López: “durante o 2021 seguiremos traballando en mellorar a Praza e o Mercado”

Cristina López: “durante o 2021 seguiremos traballando en mellorar a Praza e o Mercado”

A edil de Participación destacou a acollida por parte da veciñanza da campaña de Nadal da Praza de Abastos e do Mercado Municipal

“cada un dos días da promoción centos de persoas escolleron a Praza ou o Mercado para realizar as súas compras”, explicou Cristina López

  • Tema
    • Economía,
    • Comercio,
    • Mercados
Domingo, 10 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López: “durante o 2021 seguiremos traballando en mellorar a Praza e o Mercado”

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, valorou a campaña O noso mercado é un agasallo, posta en marcha na Praza de Abastos e no Mercado Municipal para incentivar o consumo de productos locais e de proximidade, durante as datas de Nadal. Cristina López destacou “a gran acollida que esta campaña recibiu por parte da veciñanza”, e explicou que “cada un dos días da promoción, centos de persoas escolleron a Praza ou o Mercado para realizar as súas compras”.

 A edil de Participación afirmou que “durante o 2021 seguiremos traballando para adxudicar os postos baleiros da Praza e do Mercado, para contar con novas propostas nun emprazamento histórico da cidade”. Ademais, Cristina López afirmou que “continuaremos a realizar campañas e promocións durante este ano para achegar á veciñanza os produtos de calidade e a atención persoal das e dos distintos profesionais de cada posto”.

 Cristina López destacou a importancia do comercio local, “que demostrou a súa importancia durante a crise sanitaria”, e afirmou q ue “neste momento é máis importante que nunca colaborar na reactivación económica e social, para o que o pequeno comercio se volve imprescindible”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cristina-lopez-durante-o-2021-seguiremos-traballando-en-mellorar-praza-e-o-mercado