Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cristina López anuncia a volta dos obradoiros infantís do Mercado Municipal

Cristina López anuncia a volta dos obradoiros infantís do Mercado Municipal

A concelleira de Participación destacou que coas novas actividades "continuamos a promocionar e dinamizar a Praza e o Mercado"

As actividades terán lugar entre as 11:00 e as 14:00 nas mañás dos sábados entre o 28 de setembro e o 26 de xullo de 2025

 
  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Mercados
Venres, 27 de setembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López anuncia a volta dos obradoiros infantís do Mercado Municipal

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou un novo ciclo de actividades para nenas e nenos no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros. A concelleira de Participación explicou que "seguimos a traballar na promoción da Praza e do Mercado, con actividades diversas que acheguen estas instalacións á veciñanza".

As novas actividades infantís terán lugar nas mañás dos sábados, co obxectivo de "facilitar que as nenas e nenos poidan divertirse e aprender mentres as familias realizan as súas compras na Praza de Abastos e no Mercado Municipal". As actividades, que foron un éxito de asistencia antes do verán, con máis de 600 nenas e nenos ao longo do ano 2024, continuarán nas mañás dos sábados, entre as 11 e as 14 horas, desde o 28 de setembro ata o 26 de xullo de 2024. As actividades consisten en obradoiros de reciclaxe, creatividade e cociña, adaptadas ás idades das nenas e nenos presentes.

A concelleira de Participación afirmou que "continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que toda a veciñanza poida coñecer os productos de primeira calidade que se comercian nestas instalacións". Cristina López animou á veciñanza a "realizar as súas compras na Praza e no Mercado e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación".

Audio

  • Cristina López, sobre a volta dos obradoiros infantís do Mercado Municipal | Descargar mp3 [1]
 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cristina-lopez-anuncia-volta-dos-obradoiros-infantis-do-mercado-municipal

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/240927_cristina_lopez_actividades_mercado_2024-25_0.mp3