Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cristina López anuncia un paseo teatral para coñecer o Cemiterio Municipal

Cristina López anuncia un paseo teatral para coñecer o Cemiterio Municipal

A compañía Achádego Teatro dirixirá esta nova actividade que se celebrará o vindeiro domingo a partir das 17:30 horas.

As entradas poden solicitarse na Oficina Municipal de Turismo ou chamando ao Cemiterio Municipal.

  • Tema
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Cemiterio
Martes, 18 de marzo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López anuncia un paseo teatral para coñecer o Cemiterio Municipal

A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, anunciou unha nova iniciativa cultural que se integra na Programación de Primavera do Cemiterio de San Froilán. O Grupo de teatro Achádego realizará unha serie de paseos teatrais en diferentes xornadas, rememorando a vida e legado de persoeiros destacados da cidade.

A primeira sesión, que terá lugar o 23 de marzo, centrarase nas mulleres relevantes que deixaron unha marca imborrable na sociedade lucense. O Grupo de teatro Achádego, coa súa interpretación, revivirá as historias destas figuras femininas que contribuíron significativamente ao desenvolvemento cultural e social da cidade.

Esta actividade terá lugar o vindeiro domingo, 23 de marzo, a partir das 17:30 horas. As entradas poderán reservarse previamente nas oficinas do Cemiterio, na Oficina Municipal de Turismo ou no Cemiterio Municipal, cun máximo de 4 por persoa

Cristina López convida ás veciñas e veciños "a participar nesta iniciativa cultural que busca rescatar a memoria da cidade", e afirmou que as visitas teatralizadas ao Cemiterio son "oportunidades únicas para coñecer o noso pasado nunha instalación referencial de Lugo". 

Audio

  • A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, sobre o cemiterio | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cristina-lopez-anuncia-un-paseo-teatral-para-conecer-o-cemiterio-municipal

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/250318_cristina_lopez_cemiterio.mp3