Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Corte de tráfico rodado na confluencia da Praza Maior con Rúa do Campo Castelo e Praza de Anxo Fernández Gómez

Corte de tráfico rodado na confluencia da Praza Maior con Rúa do Campo Castelo e Praza de Anxo Fernández Gómez

  • Tema
    • Tráfico
Martes, 10 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Con motivo da colocación dun set para a emisión do programa "Adiviña quen vén esta tarde", da TVG, na confluencia da Praza Maior con Rúa do Campo Castelo e Praza de Anxo Fernández Gómez, será preciso proceder ao corte da circulación de vehículos nese ámbito durante a tarde de mañán, 11 se setembro, entre as 13:00 h e as 22:00 h.

O acceso de vehículos realizarase polo control de accesos situado na confluencia da Rolda con Rúa Vilalba, a través da zona peonil da Rolda, acceso ao Centro histórico por Porta de Bispo Aguirre, Rúa Bispo Aguirre e lateral da Praza Maior.

O percorrido de saída farase polo Campo Castelo, Porta do Campo Castelo, zona peonil de Rolda Muralla e Praza da Constitución, ou ben polo mesmo itinerario de entrada en orde inversa.

Facilitarase a circulación dos residentes, deixando en todo momento o ancho suficiente para o paso de vehículos de emerxencias.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/corte-de-trafico-rodado-na-confluencia-da-praza-maior-con-rua-do-campo-castelo-e-praza-de-anxo