Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Corte de Tráfico o día 25 de Xullo, mércores

Corte de Tráfico o día 25 de Xullo, mércores

  • Tema
    • Protección da comunidade
Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A ronda da Muralla no tramo comprendido entre a rúa Deputación e a porta de Santiago estará cortada ó tráfico o mércores día 25 dende as 8.00 e as 21.00 horas.

O corte é debido á instalación dun guindastre na ronda para colocar unhas vigas metálicas na obra de conservación e posta en valor da Muralla Romana e os restos arqueolóxicos anexos ó edificio da Vicerreitoría (praza Pío XII).

A circulación de vehículos da ronda desviarase pola rúa Deputación e ronda do Carme.

Os residentes e usuarios de garaxe poderan acceder os mesmos.

Quedará afectada a parada de bus urbano sita na ronda da Muralla fronte a porta de Santiago, os usuarios desta parada deberán desprazarse a seguinte sita na rúa Vilalba.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/corte-de-trafico-o-dia-25-de-xullo-mercores