Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Corte de tráfico na Ronda da Muralla desde a rúa Santiago á rúa Vilalba

Corte de tráfico na Ronda da Muralla desde a rúa Santiago á rúa Vilalba

  • Tema
    • Protección da comunidade
Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A ronda da Muralla estará cortada ó tráfico no tramo comprendido entre a rúa Santiago e a rúa Vilalba debido ós traballos de derrube dos edificios nº 181, 182, 183 e 184.

O corte farase efectivo o sábado, día 22 ás 7.00 horas e está previsto que os traballos rematen o domingo a última hora. Se por algún imprevisto non deran rematado o domingo o corte farase extensivo ó luns.

A circulación de vehículos será desviada pola rúa Santiago e República Arxentina agás o Autobús Urbano que accederá pola rúa Recatelo e Carril dos Loureiros e os residentes da zona de Recatelo que accederan pola misma rúa.
Os desvíos estarán debidamente sinalizados.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/corte-de-trafico-na-ronda-da-muralla-desde-rua-santiago-rua-vilalba