Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Corte de auga o martes en Orbazai, San Lázaro e o entorno da estrada vella de Santiago por obras de mellora na rede

Corte de auga o martes en Orbazai, San Lázaro e o entorno da estrada vella de Santiago por obras de mellora na rede

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Auga
Luns, 26 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que as obras de mellora na rede de abastecemento de auga da cidade obrigarán a cortar o subministro en Orbazai, San Lázaro e o entorno da estrada vella de Santiago o vindeiro martes, 27 de outubro, dende as 9.00 e ata as 18.00 horas, aproximadamente, aínda que, de rematar antes os traballos, o servizo será restablecido de inmediato.

O Concello pide desculpas aos cidadáns afectados polas molestias que lles ocasione este corte de auga, necesario para acometer as obras de ampliación da rede de abastecemento da cidade, en concreto a construcción dun anillo hídrico na zona este, As Gándaras-estrada da Fonsagrada, que consiste na creación dunha nova condución de auga potable, que complete o anillo hídrico Marcelle-Ceao-As Gándaras, e que conecte coa rede existente nas Gándaras, estrada de Vegadeo, hospital e estrada da Fonsagrada.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/corte-de-auga-o-martes-en-orbazai-san-lazaro-e-o-entorno-da-estrada-vella-de-santiago-por-por