Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Corte de auga na Calzada das Gándaras o martes debido ás obras de mellora na rede

Corte de auga na Calzada das Gándaras o martes debido ás obras de mellora na rede

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Medio ambiente
Venres, 02 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través do servizo de augas, informa de que o vindeiro martes, 6 de outubro, acometeranse na Calzada das Gándaras, en concreto á altura da rúa Venancio Senra, obras de mellora na rede de abastecemento de auga da cidade. As actuacións obrigarán a cortar o subministro de auga na marxe esquerda da Calzada das Gándaras, dende a rúa Serra de Meira ata a rúa Camiño de Herrero. Quedará con menos presión o servizo nas Gándaras, A Campiña e o barrio do Souto, coa posibilidade de non recibir auga nas zonas altas. Os traballos prolongaranse dende ás 8.30 ás 14.00 horas, aproximadamente.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/corte-de-auga-na-calzada-das-gandaras-o-martes-debido-obras-de-mellora-na-rede