Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Corporación Municipal participa no minuto de silencio fronte á Subdelegación do Goberno por un novo asasinato machista

A Corporación Municipal participa no minuto de silencio fronte á Subdelegación do Goberno por un novo asasinato machista

A alcaldesa e varios representantes municipais amosaron a súa repulsa por este crime, ao tempo que lembraron á muller de 50 anos morta onte na provincia en Murcia.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Igualdade,
    • Igualdade de dereitos,
    • Violencia de xénero,
    • Protección da comunidade
Mércores, 18 de decembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación Municipal participa no minuto de silencio fronte á Subdelegación do Goberno por un novo asasinato machista

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou, xunto a representantes da Corporación Municipal, no minuto de silencio convocado ante a Subdelegación do Goberno, en repulsa por un novo caso de violencia machista que onte acabou coa vida de Martha Isabel, de 50 anos, na provincia de Murcia.

Unha vez que a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou este caso como un asasinato de violencia machista, xa son 45 as mulleres vítimas das súas parellas ou ex parellas e 35 os menores que quedan orfos e orfas, entre eles o fillo menor de Martha Isabel, asasinada en Cartagena pola súa parella.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/corporacion-municipal-participa-no-minuto-de-silencio-fronte-subdelegacion-do-goberno-por-un