Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Corporación Municipal participa na celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade para reivindicar unha sociedade plural

A Corporación Municipal participa na celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade para reivindicar unha sociedade plural

A Praza Maior acolleu a decima edición de Baixo o Mesmo Paraugas, convocado polas asociacións que traballan pola inclusión, e a lectura do manifesto para reclamar os mesmos dereitos cos que garantir unha vida plena e digna.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Igualdade,
    • Igualdade de dereitos,
    • Accesibilidade,
    • Inclusión
Mércores, 03 de decembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación Municipal participa na celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade para reivindicar unha sociedade plural

A Praza Maior, fronte ao Concello de Lugo, encheuse un ano máis de paraugas de cores para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, nun acto no que participaron concelleiras e concelleiros da Corporación Municipal, para acompañar aos distintos colectivos e asociacións lucenses que traballan pola inclusión e por unha sociedade plural e igualitaria, con oportunidades para as persoas con discapacidade. As e os edís do Concello de Lugo acompañaron aos case vinte colectivos presentes na lectura do manifesto e a multitude de nenos e nenas de varios centros escolares nunha actividade que hoxe chegou a súa décima edición co lema “Baixo o mesmo paraugas”, co obxectivo de reivindicar unha sociedade máis diversa, que aposte pola integración e pola igualdade de todas e todos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/corporacion-municipal-participa-na-celebracion-do-dia-internacional-das-persoas-con