Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Corporación Municipal de Lugo súmase ao minuto de silencio en repulsa por un novo crime machista en Málaga

A Corporación Municipal de Lugo súmase ao minuto de silencio en repulsa por un novo crime machista en Málaga

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Igualdade,
    • Violencia de xénero
Martes, 10 de xuño de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación Municipal de Lugo súmase ao minuto de silencio en repulsa por un novo crime machista en Málaga

Concelleiras e concelleiros da Corporación Municipal do Concello de Lugo sumáronse ao minuto de silencio que se gardou esta mañá fronte á Subdelegación do Goberno para amosar o rexeitamento por un novo crime machista, que o pasado día 7 acabou coa vida de Pilar, de 50 anos, na localidade de Marbella, en Málaga, a mans da súa parella. En dita concentración condenouse este novo asasinato machista, o número 13 no que vai de ano, e que supón a vítima 1.307 desde que comezaron a contabilizarse os crimes por violencia machista.

As autoridades concentradas ante a Subdelegación do Goberno amosaron a súa solidariedade coa familia e achegados da vítima, en especial co fillo da muller asasinada, que é maior de idade, e reiteraron o seu compromiso na loita contra esta lacra social, reafirmando a tolerancia cero fronte a calquera forma de violencia machista.

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou a natureza machista deste crime e informou de que non existían denuncias previas por malos tratos contra o presunto feminicida, de 47 anos e de nacionalidade búlgara.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/corporacion-municipal-de-lugo-sumase-ao-minuto-de-silencio-en-repulsa-por-un-novo-crime