Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Corporación municipal de Lugo honra un ano máis ao San Roque

A Corporación municipal de Lugo honra un ano máis ao San Roque

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Mércores, 16 de agosto de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación municipal de Lugo honra un ano máis ao San Roque

A Corporación municipal de Lugo participou, este mércores, como ben sendo tradición na cidade dende o ano 1768, nos actos conmemorativos da festividade de San Roque.

A comitiva, encabezada polo tenente de alcaldesa Miguel Fernández e polos concelleiros Pablo Permuy e Jorge Bustos, partiu en formación dende a Casa do Concello, acompañada polos maceiros a través das rúas do Centro Histórico ata a Capela de San Roque, onde tivo lugar a celebración da misa na honra deste Santo.

O Concello cumpre así, un ano máis, o voto que a cidade de Lugo presta a San Roque, ao que se lle invocou protección para facer fronte a unha epidemia de peste a mediados do século XVIII. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/corporacion-municipal-de-lugo-honra-un-ano-mais-ao-san-roque