Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Corporación municipal de Lugo celebra os actos conmemorativos da festividade de San Roque

A Corporación municipal de Lugo celebra os actos conmemorativos da festividade de San Roque

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Venres, 16 de agosto de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación municipal de Lugo celebra os actos conmemorativos da festividade de San RoqueA Corporación municipal de Lugo celebra os actos conmemorativos da festividade de San Roque

Este venres, a Corporación municipal de Lugo participou nos tradicionais actos conmemorativos da festividade de San Roque, unha celebración que se mantén viva na cidade dende o ano 1768. A delegación, encabezada polo tenente de alcaldesa e concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, xunto coas concelleiras Olga López Racamonde e Ángeles Novo, partiu en formación dende a Casa do Concello.

Acompañados pola Garda de Gala, percorreron as rúas do Centro Histórico ata a Capela de San Roque, onde tivo lugar a misa en honra do Santo. Esta tradición remóntase ao século XVIII, cando Lugo, afectada por unha grave epidemia de peste, realizou un voto a San Roque, protector contra as pestes, rogándolle a súa intercesión para poñer fin á traxedia. Desde entón, a cidade vén cumprindo anualmente con esta promesa como parte da súa historia e identidade.

Con este acto, o Concello reafirma o seu compromiso coa preservación das tradicións locais, mantendo viva unha práctica histórica que forma parte da memoria e cultura de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/corporacion-municipal-de-lugo-celebra-os-actos-conmemorativos-da-festividade-de-san-roque