Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Corporación Municipal condena un novo asasinato machista en Navarra

A Corporación Municipal condena un novo asasinato machista en Navarra

  • Tema
    • Benestar social,
    • Igualdade,
    • Igualdade de dereitos,
    • Linguaxe sexista,
    • Violencia de xénero,
    • Protección da comunidade
Venres, 01 de agosto de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación Municipal condena un novo asasinato machista en Navarra

A Corporación do Concello de Lugo, co seu alcalde Miguel Fernández ao fronte, condenou esta mañá fronte á Subdelegación do Goberno un novo asasinato machista rexistrado en Navarra o pasado 29 de xullo. Xunto ao resto de autoridades, o rexedor municipal, concelleiros e concelleiras lucenses gardaron un minuto de silencio en memoria de Mercedes Bezunartea Valencia, de 78 anos, nai dunha filla e dun fillo, asasinada a mans do seu marido.

Con este crime confirmado como violencia de xénero, a cifra de asasinatos de mulleres por parte das súas parellas ou ex parellas, elévase a 23 no que vai de ano e a 1.317 desde que comezaron a contabilizarse os crimes machistas, no 2003. Desde este mesmo ano, 177 mulleres maiores de 60 anos foron vítimas mortais da violencia de xénero, unha lacra ante a que hoxe as autoridades lucenses volveron a amosar tolerancia cero e a súa repulsa, así como o compromiso da traballar conxuntamente para a súa erradicación.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/corporacion-municipal-condena-un-novo-asasinato-machista-en-navarra