A Corporación Municipal asiste ao minuto de silencio para condenar un novo crime machista, que eleva a 27 as asasinadas este ano
A concentración ante a Subdelegación do Goberno serviu tamén para lembrar a Mercedes, de 47 anos, e asasinada pola súa parella en Sevilla o pasado domingo.
- Tema
- Alcaldía,
- Axenda institucional,
- Violencia de xénero

Varios edís da Corporación Municipal de Lugo asistiron esta mañá á concentración convocada ante a Subdelegación do Goberno, en repulsa por un novo crime machista en Sevilla, co asasinato de Mercedes, de 47 ano, o pasado domingo, día 7, a mans da súa parella. Co crime ocorrido no barrio sevillano de Valdezorras, o número de mulleres asasinadas no que vai de ano elévase a 27.
Con este novo crime, o número de mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas desde o 2003, ano no que comezaron a contabilizarse estas mortes violentas, ascende a 1.320. O Ministerio de Igualdade confirmou que neste caso non existían denuncias previas por violencia de xénero.
