A Corporación lucense asiste ao minuto de silencio para condenar un novo crime machista en Sevilla, que eleva a 28 as asasinadas este ano
A concentración ante a Subdelegación do Goberno serviu tamén para lembrar e render homenaxe a KatherineYuliet, de 29 anos, morta a mans da súa ex parella o domingo.
- Tema
- Alcaldía

Varios edís da Corporación Municipal de Lugo asistiron esta mañá á concentración convocada ante a Subdelegación do Goberno, en repulsa por outro crime machista, novamente en Sevilla, que acabou coa vida de KatherineYuliet, de 29 anos, e orixe colombiano. Esta é a vítima mortal número 28 por violencia machista no que vai de 2025 e a 1.323 desde que comezaron a contabilizarse este tipo de asasinatos en 2003. A seu ex parella, de 21, tamén de orixe colombiana, asasinouna o 28 de setembro en Sevilla.
A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou a natureza machista do crime e informou de que existían denuncias previas por malos tratos contra o feminicida. Ela estaba rexistrada no sistema VioGén por episodios de violencia anteriores, aínda que non presentara denuncias contra a súa ex parella, ingresado nun centro hospitalario, detido e custodiado.
