Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Corporación Local se suma á condena dun novo crime machista, que eleva a 15 os asasinatos de mulleres no que vai de ano

A Corporación Local se suma á condena dun novo crime machista, que eleva a 15 os asasinatos de mulleres no que vai de ano

Ante a Subdelegación de Goberno gardouse un minuto de silencio en sinal de repulsa polo crime de Amaia, de 44 anos, e veciña de Basauri, en Bizcaia, a mans da súa parella.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Violencia de xénero,
    • Protección da comunidade
Luns, 13 de abril de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación Local se suma á condena dun novo crime machista, que eleva a 15 os asasinatos de mulleres no que vai de ano

Representantes da Corporación Local gardaron un minuto de silencio en sinal de condena e repulsa polo crime machista de Amaia, unha muller de 44 anos, veciña de Basauri, en Bizcaia, a mans da súa parella. O crime tivo lugar o pasado 1 de abril, e supón que no que vai de ano foron asasinadas un total de 15 mulleres.

Esta nova vítima, que estaba no sistema VioGén, é a décimo quinto asasinato por violencia de xénero neste 2026, e a 1.358 crime por violencia machista desde 2003, ano no que comezou a elaborarse este rexistro.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/corporacion-local-se-suma-condena-dun-novo-crime-machista-que-eleva-15-os-asasinatos-de