Convocado o proceso selectivo para a cobertura temporal de varias prazas de auxiliar do fogar
Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte:
Gabinete de Prensa
O Concello abriu o prazo de presentación de documentación para o proceso selectivo de contratación temporal de varias auxiliares de axuda no fogar.
As bases da convocatoria poden consultarse a continuación ou no taboleiro de anuncios do edificio de Servizos Administrativos do Concello, situado na Ronda da Muralla, 197.
