Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Contratados traballos arqueolóxicos no acceso á Praza de Abastos

Contratados traballos arqueolóxicos no acceso á Praza de Abastos

  • Tema
    • Economía
Venres, 16 de maio de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello adxudicou hoxe os traballos arqueolóxicos que se levarán a cabo para o acondicionamento do acceso á Praza de Abastos dentro do proxecto de rehabilitación destas instalacións municipais.

Estes traballos, nos que se inclúe a realización do movemento de terra que sexa necesario facer de xeito manual, fóronlle adxudicados a Roberto Bartolomé Abraira por importe de 14.217 euros, orzamento que se financiará con cargo ó Plan Urban.

O acordo tomouse na xuntanza que celebrou hoxe a Xunta de Compras.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/contratados-traballos-arqueoloxicos-no-acceso-praza-de-abastos