Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A contratación, a execución e entrega dunha escultura en homenaxe a Javier Krahe, que Concello e Deputación ubicarán en Ramón Montenegro

A contratación, a execución e entrega dunha escultura en homenaxe a Javier Krahe, que Concello e Deputación ubicarán en Ramón Montenegro

Dita escultura é conforme ao boceto elaborado polo artista lucense de gran recoñecemento dentro e fóra de Galicia, Juan Lomarti, por un importe de 33.880 euros

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Luns, 17 de decembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello vén de sacar a contratación a execución e entrega dunha escultura que representa ao músico Javier Krahe, conforme ao boceto elaborado polo artista lucense de gran recoñecemento dentro e fóra de Galicia, Juan José López Martínez, coñecido Juan Lomarti, por un importe de 33.880 euros. O prazo para presentar a oferta, pois é un procedemento negociado, é ata o 2 de xaneiro e a entrega da escultura deberá realizarse no prazo máximo dun mes dende a sinatura do contrato.

A colocación da escultura, que xa se tratara na Comisión do Consello Municipal de Cultura, a suxerencia do Club Cultural Clavicémbalo, avalada por 1.056 sinaturas; trátase dunha actuación enmarcada no Plan Único de Deputación e Concello. Ubicarase na contorna de Ramón Montenegro, nas proximidades da rúa dos Paxariños, número 2 e a Igrexa de San Roque.

As características son as seguintes: unha altura total de 200 centímetros e unha base de 84x108x40, realizada en granito galego pardo de gran dureza, con zonas de corte natural, outras abuxaradas e parte do corpo, mans e cara máis pulidas e coa inscrición Krahe en Lugo.

Audio

  • O concelleiro Miguel Fernández sobre a escultura | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/contratacion-execucion-e-entrega-dunha-escultura-en-homenaxe-javier-krahe-que-concello-e

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/171218_fernandez_escultura.mp3