Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Continúan á venda as entradas para os concertos de Albert Pla e Jarabe de Palo

Continúan á venda as entradas para os concertos de Albert Pla e Jarabe de Palo

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 22 de setembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Lugo comeza a quentar motores para o San Froilán e a vindeira semana terán lugar xa dúas citas previas ás festas patronais.

O luns 28 de setembro o cantautor catalán Albert Pla presentará no Auditorio Municipal Gustavo Freire o seu último traballo: La Diferencia. O artista presentará a súa montaxe que mestura a música e o teatro, e co que interpretará varios temas do seu último disco.

Pla leva nos escenarios dende que tiña 22 anos e co seu primeiro disco tivo moito éxito entre a mocidade da súa xeración. Ao longo da súa carreira participou en proxectos moi dispares. No seu último disco, colabora con músicos como Quimi Portet, Diego Cortés, Tino di Geraldo e Pascal Comelade.

A outra cita previa ao San Froilán terá lugar o mércores 30 de setembro coa actuación do grupo liderado por Pau Donés Jarabe de Palo que presentará o seu Reciclando Tour, unha xira para teatros e auditorios, onde versionan as súas cancións máis coñecidas: La Flaca, El Lado Oscuro, Depende, Bonito, Agua, Déjame vivir, Grita,..

As entradas anticipadas para os dous espectáculos están á venda na páxina web www.caixanova.es [1]

sanfroilan.info [2]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/continuan-venda-entradas-para-os-concertos-de-albert-pla-e-jarabe-de-palo

Ligazóns:
[1] http://www.caixanova.es
[2] http://sanfroilan.info