Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Continúan á venda as entradas para o Show de Dani Mateo

Continúan á venda as entradas para o Show de Dani Mateo

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Luns, 12 de abril de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O domingo 25 de abril ás 20.30 horas chegará á cidade, englobado dentro da programación de Lugo10 [1], o espectáculo do monologuista e actor Dani Mateo que está a triunfar en salas, teatros e auditorios de toda España.

Continúan á venda as entradas a un prezo de 18 euros na zona A, 16 na B e 14 na C, a través da taquilla telefónica 902 504 500 e na web www.caixanova.es [2] .
 
Dani Mateo forma parte do equipo do programa “Se lo que hicisteis la última semana” xunto a Patricia Conde, Ángel Martín e Miki Nadal, entre outros. Mateo participou tamén na serie de televisión La familia Mata.

É licenciado en Periodismo pola Universidade Autónoma de Barcelona, e os seus primeiros tropezos  profesionais deunos en diversas radios locais e con 18 anos dirixía e presentaba un programa de humor na televisión da súa localidade.

Traballou en Catalunya Radio, Onda Cero, Radio Gracia, Ona Catalana, RAC 1 e Flaix FM.

Gracias a un amigo métese no mundo dos monólogos e entra na plantilla de Paramount Comedy presentando Noche sin tregua. Desde entón, actuou por toda a xeografía española cosechando grandes críticas e sendo considerado como un dos mellores monologuistas deste país.

www.lugo10.es [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/continuan-venda-entradas-para-o-show-de-dani-mateo

Ligazóns:
[1] http://www.lugo10.es
[2] http://www.servinova.com