Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Continúan os almorzos saudables do Concello de Lugo nos colexios da cidade

Continúan os almorzos saudables do Concello de Lugo nos colexios da cidade

Venres, 22 de xaneiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os almorzos saudables, que celebra o Concello de Lugo dende o ano 2004, continuarán a vindeira semana en catro colexios máis, unha vez que deran comezo o 18 de xaneiro.

Este programa foi elaborado para concienciar a pequenos e pais da importancia de almorzar ben para render completamente no colexio.

Os colexios que participan esta semana no programa serán Fingoi 2, o Anexa, o Manuel Mallo Mallo de Nadela e Sagrado Corazón. Serán un total de 317 alumnos os que se beneficiarán en conxunto esta semana.

Nesta tempada dos almorzos saudables participan este ano un total de 2.136 rapazas e rapaces de 6 a 8 anos cun programa que se desenvolverá en todos os colexios do Concello.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/continuan-os-almorzos-saudables-do-concello-de-lugo-nos-colexios-da-cidade