Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Continúan durante novembro as actividades da festividade de Santos no Cemiterio

Continúan durante novembro as actividades da festividade de Santos no Cemiterio

O Concerto da Lembranza terá lugar mañá a partir das 19:30, e contará coa cantautora Paloma Suanzes

A interpretación de Don Juan Tenorio terá lugar o 21 de novembro, co aforo limitado a 100 persoas

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Música,
    • Xestión cultural,
    • Cemiterio
Mércores, 10 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Continúan durante novembro as actividades da festividade de Santos no Cemiterio

A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, lembrou que continúan as actividades do Cemiterio Municipal pola festividade de Santos.  As actividades continúan esta semana co Concerto da Lembranza, que terá lugar mañá, 11 de novembro, a partir das 19:30 horas. Contarase coa cantautora Paloma Suanzes, e durante a actividade levarase adiante unha queima de mensaxes.

Durante este mes retomarase a interpretación de Don Juan Tenorio, que terá lugar o día 28 ás 19:00, correndo a cargo de Palimoco Teatro, mentres que a lectura dramatizada por nenos e nenas de Malala Teatro e da Escola Palimoco de Teatro, Don Juanín, será o día 17,  a partir das 19:00. Ambas actividades estarán limitadas a 100 prazas, para o que será preciso recoller entrada na oficina municipal de turismo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/continuan-durante-novembro-actividades-da-festividade-de-santos-no-cemiterio