Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Continúan as demostracións de vellos oficios vivos organizados polo Concello de Lugo

Continúan as demostracións de vellos oficios vivos organizados polo Concello de Lugo

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 08 de agosto de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Esta fin de semana continúan as demostracións dos Vellos Oficios Vivos organizadas pola Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo.

As mostras dos Vellos Oficios Vivos tratan de dar a coñecer os sistemas de traballo que empregan os artesáns galegos para confeccionar as súas pezas.

Esta fin de semana os que se acheguen ata o fondo dos soportais da Praza Maior, entre as 11:00 e as 15:00 horas pola mañá, e entre as 17:00 e as 20:00 horas pola tarde, poderán disfrutar co saber facer dunha palilleira de Lugo que confeccionará en vivo e en directo encaixes galegos e extremeños. Tamén realizarán as súas demostracións unha artesá de traxes rexionais de Vilalba e un zoqueiro de San Simón.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/continuan-demostracions-de-vellos-oficios-vivos-organizados-polo-concello-de-lugo