Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Continúan as actividades dos sábados +xTi na Casa da Xuventude

Continúan as actividades dos sábados +xTi na Casa da Xuventude

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Xoves, 09 de maio de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, ten programadas distintas actividades que se celebran os sábados, en horario de mañá e tarde, na Casa da Xuventude.

As actividades, organizadas dentro do programa Sábados +xTi, destínanse a mozos de 12 a 19 anos de idade e son gratuítas.

O calendario de actividades desenvólvese todos os sábados ata acabar o mes de xullo.

Para este sábado, día 11 de maio, están previstas as seguintes: Skaters entre as 11.00 e as 12.30 horas; Urban Dance de 12.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas e Defensa Persoal, entre as 19.00 e as 21.00 horas.

Coñece a Casa da Xuventude [1]

www.lugo.es/prevenciondrogas [2]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/continuan-actividades-dos-sabados-xti-na-casa-da-xuventude

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_Centros&cid=1227498314419&idSeccion=1227498313758&idioma=gl&nombreSitio=Espazos+Xuven%C3%ADs&pagename=Lugo%2FSpark_Centros%2FLugoCentroSocialDetalle&tipoSeccion=Spark_SecNivel3
[2] http://www.lugo.es/prevenciondrogas