Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Continúa a renovación do firme das rúas Celso Emilio Ferreiro, Tino Prados e Xosé Crecente Vega

Continúa a renovación do firme das rúas Celso Emilio Ferreiro, Tino Prados e Xosé Crecente Vega

Alexandre Penas destacou que este tipo de actuacións en barrios e zonas periurbanas permiten garantir "o benestar de todas as veciñas e veciños de Lugo.

A Tenencia de Alcaldía inviste 72.596,37€ nesta actuación.

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Urbanismo
Mércores, 19 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Continúa a renovación do firme das rúas Celso Emilio Ferreiro, Tino Prados e Xosé Crecente Vega

O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou os traballos de renovación do firme que se executarán nas rúas Celso Emilio Ferreiro, Tino Prados e Xosé Crecente Vega. Penas destacou o traballo da Tenencia de Alcaldía na mellora dos barrios e das zonas periurbanas da cidade, e afirmou que "este tipo de actuacións garanten  o benestar das veciñas e veciños de toda a cidade". O Goberno de Lugo actúa para "renovar vías co pavimento deteriorado e garantir a boa calidade e a boa imaxe da rede de vías urbanas municipal".

O Goberno de Lugo actuará reconstruíndo o paquete de firme en todo o seu espesor, para evitar que os defectos da capa base podan chegar a afectar á capa de rodadura. Instalarase unha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará un selado do firme ante a acción da auga superficial e asegurará unha prolongada duración da actuación.

Unha vez pavimentadas as vías, adaptaranse os rexistros previamente existentes á nova cota da superficie e instalarase unha nova base para contedores. Finalmente, renovarase a sinalización vertical e horizontal. A Tenencia de Alcaldía inviste 72.596,37€ nesta actuación, que conta cun prazo de execución de 10 semanas.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre os asfaltados | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/continua-renovacion-do-firme-das-ruas-celso-emilio-ferreiro-tino-prados-e-xose-crecente-vega

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/250219_alexandre_penas_asfaltados.mp3