Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Continúa o V Festival de Teatro Clásicos do Século XX coa obra Ligazón

Continúa o V Festival de Teatro Clásicos do Século XX coa obra Ligazón

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Xoves, 20 de novembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O V Festival de Teatro Clásicos do Século XX organizado pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo, continúa hoxe, xoves 20 de novembro, coa obra Ligazón de Valle-Inclán.

A compañía Tribueñe, representará esta creación do dramaturgo máis representativo do teatro español do século XX. O autor conta como unha moza dunha aldea galega rebélase contra o desexo da súa nai de vender o seu corpo a un home adiñerado. O retablo  da avaricia, a luxuria, e a morte, denuncian a necesidade de romper un modelo baseado na complicidade e na falta de aventura.

A última representación do festival virá da man do Centro Dramático Galego que representará La buena persona de Sezuán do autor alemán Bretolt Bretch.

Os prezos das entradas son populares: 6, 8 e 10 euros. Haberá un desconto de 2 euros para xubilados, desempregados e estudantes. As entradas, todas elas numeradas, estarán á venda na web www.caixanova.es [1] e no teléfono de 902 504 500. Tamén poderán adquirirse 1 horas antes de cada función nas taquillas do Auditorio Municipal.

Ademais, continúa aberta ao público a exposición de caricaturas e retratos de Valle-Inclán que estará no Centro Sociocultural Uxío Novoneyra ata o 13 de decembro e que está organizada polo Concello de Lugo, a Cátedra Valle-Inclán e Caixanova.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/continua-o-v-festival-de-teatro-clasicos-do-seculo-xx-coa-obra-ligazon

Ligazóns:
[1] http://www.caixanova.es