Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Continúa o programa de animación á lectura e contacontos organizado polo Concello

Continúa o programa de animación á lectura e contacontos organizado polo Concello

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 07 de maio de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, ven desenvolvendo dende o mes de febreiro un amplo programa de actividades de animación á lectura na Biblioteca Municipal que vai dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos. É o segundo ano consecutivo que se pon en marcha esta iniciativa enmarcada nas políticas de impulso da Biblioteca Municipal.

Dende que comezou o pasado 14 de febreiro van xa un total de 6 sesións nas que participaron un bo número de nenos e nenas da cidade. Mañá, xoves 8 de maio, haberá unha nova sesión de teatro a cargo de Raquel Garavís co título O pequeño príncipe a partir das 19:00 horas.

O completo programa de contacontos, sesións de teatro, de monicreques, farán voar a imaxinación dos máis cativos ata o vindeiro 19 de xuño.

O obxectivo desta iniciativa é potenciar a animación á lectura entre os nenos para fomentar os bo costume da lectura e a aproximación ó libro.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/continua-o-programa-de-animacion-lectura-e-contacontos-organizado-polo-concello