Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Continúa o pintado da sinalización horizontal da cidade, seguindo a planificación da concellería de Infraestruturas

Continúa o pintado da sinalización horizontal da cidade, seguindo a planificación da concellería de Infraestruturas

Alexandre Penas: “os traballos lévanse revisando as previsións climatolóxicas, para garantir a mellor calidade posible nos viais”

A concellería de Infraestruturas planifica o pintado tratando de reducir ao máximo os cortes de rúas

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Tráfico
Xoves, 26 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Continúa o pintado da sinalización horizontal da cidade, seguindo a planificación da concellería de Infraestruturas

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou hoxe a rolda da República Arxentina, onde se estiveron efectuando traballos dentro do plan de renovación da sinalización horizontal. “Seguimos traballando nesta actuación, que nos permite mellorar a seguridade viaria e a imaxe da cidade”, explicou Alexandre Penas, que engadiu “para garantir os mellores resultados, os traballos planifícanse segundo as previsións meteorolóxicas”.

Toda a sinalización horizontal que se está a pintar está adaptada aos cambios realizados na ordenanza de circulación, destinados a evitar resbalóns aos peóns e aos vehículos de dúas rodas. Nos pasos de peóns regulados por semáforo só se pintan os límites, deixando a zona interior descuberta para evitar resbalóns. No caso dos pasos non regulados por semáforo, déixase unha das liñas sen pintar para evitar tamén resbalóns de motos e bicicletas. Nas prazas para persoas con mobilidade reducida agrándase o tamaño e píntase unha superficie menor.

Desde a concellería de Infraestruturas planifícase o pintado tratando de reducir ao máximo os cortes nas rúas. “Malia que pode haber momentos puntuais nos que se poida producir algunha restrición na circulación, tratamos de facilitar ao máximo o acceso da veciñanza ás distintas zonas”, explicou Alexandre Penas, que engadiu “seguiremos traballando para mellorar a calidade de vida e a seguridade da veciñanza de toda a cidade”.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre o pintado da sinalización horizontal | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/continua-o-pintado-da-sinalizacion-horizontal-da-cidade-seguindo-planificacion-da-concelleria

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/210826_alexandre_penas_pintado_sinalizacion_horizontal.mp3