Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Continúa o ciclo Muller e Interculturalidade coa proxección de La casa de mi vida

Continúa o ciclo Muller e Interculturalidade coa proxección de La casa de mi vida

  • Tema
    • Igualdade
Mércores, 21 de maio de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Mañá venres, 23 de maio, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre.

Nesta ocasión proxectarase La casa de mi vida. É a historiade George Monroe, un home atrapado nun ritmo frenético e insoportable. A máxima aspiración de George sempre foi construir a sua propia casa, refuxio situado nun acantilado ao borde do mar, pero é un soño que George foi aplazando unha e outra vez. Mentres tanto, divorciouse, agotouse traballando e distanciouse non só dos seus amigos e familiares, senón de sí mesmo. Chega o momento de realizar ese soño, pero atópase só.

O obxectivo do ciclo é ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta. Todos os venres, ata o 27 de xuño, proxectarase unha película no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra a partir das 22:00 horas.

Entre os filmes que se poderán disfrutar nas vindeiras semanas se atopan: En el mundo a cada rato, Agua ou Cleopatra.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/continua-o-ciclo-muller-e-interculturalidade-coa-proxeccion-de-la-casa-de-mi-vida