Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Continúa nas rúas Xogamos pola Igualdade, a campaña que fomenta no Nadal os xogos e xoguetes non sexistas, impulsada por Muller e Igualdade

Continúa nas rúas Xogamos pola Igualdade, a campaña que fomenta no Nadal os xogos e xoguetes non sexistas, impulsada por Muller e Igualdade

  • Tema
    • Infancia,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Igualdade,
    • Conciliación
Martes, 04 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Continúa nas rúas Xogamos pola Igualdade, a campaña que fomenta no Nadal os xogos e xoguetes non sexistas, impulsada por Muller e Igualdade

A campaña que fomenta no Nadal os xogos e xoguetes non sexistas, impulsada polo Executivo de Lara Méndez, a través da área de Muller e Igualdade, que dirixe Silvia Alonso, continúa nas rúas co obxectivo de concienciar á cidadanía e promover a igualdade de oportunidades dende idades temperás para que as nenas e nenos poidan decidir sobre os xogos e xoguetes que máis lles gustan sen que a súa elección teña connotacións de xénero.

Esta iniciativa, que se recuperou a mediados do pasado mes, céntrase en apelar á responsabilidade das familias á hora de escoller os regalos para as crianzas a través da difusión da guía Xogamos pola Igualdade. A Casa da Muller do Concello de Lugo editou esta publicación, que recolle 10 claves ou aspectos a ter en conta para unha elección libre de prexuízos sexistas, que priorice xogos potenciadores de todo tipo de habilidades, que fomenten a igualdade e a comunicación entre nenos e nenas participantes e que propicien o xogo cooperativo e sen actitudes violentas.

Deste xeito, estes días, ao igual que nas últimas semanas de decembro, a Concellería de Muller e Igualdade está desenvolvendo accións de sensibilización coa difusión de carteis e folletos cun código QR que dan acceso á devandita guía, tamén dispoñible na páxina web municipal http://concellodelugo.gal/sites/default/files/guia_xogamos_igualdade.pdf [1] Este material xa se entregou nas escolas infantís, nos colexios, nas xogueterías e noutros establecementos de venda de xoguetes e en centros comerciais e de lecer infantil, entre outros. Tamén se difundiu entre os nenos e nenas participantes do programa municipal Aprende Xogando.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/continua-nas-ruas-xogamos-pola-igualdade-campana-que-fomenta-no-nadal-os-xogos-e-xoguetes-non

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/guia_xogamos_igualdade.pdf