Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Continúa a IX Mostra de Teatro Clásico coa representación de Hamlet

Continúa a IX Mostra de Teatro Clásico coa representación de Hamlet

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Luns, 02 de febreiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A IX Mostra  de Teatro Clásico, organizada pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo, continúa coa representación da obra de William Shakespeare Hamlet. A compañía encargada de levar a escea unha das obras máis veces representada nos teatros de todo o mundo será o Centro de Nuevos Creadores, que farán a súa propia interpretación do drama.

A proposta desta compañía baséase na simplicidade e na sencillez, sin faltar á profunda carga significativa do texto do autor inglés centrándose principalmente nos temas do poder e da familia.

Trátase dunha nova versión na que o príncipe danés é interpretado por Juan Diego Botto, quen é, ademais, o director da obra. Participan tamén nesta representación actores da talla de Marta Etura, Luis Hostalot o Vicente Gisbert.

A representación terá lugar esta tarde a partir das 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Poderán mercarse as entradas na taquilla do Auditorio Municipal unha hora antes de cada representación. O prezo establécese entre os 12 e os 7 euros, dependendo da zona, con descontos para estudantes, persoas en paro e xubilados.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/continua-ix-mostra-de-teatro-clasico-coa-representacion-de-hamlet-1