A confirmación dunha morte o pasado día 31 como crime machista concentra á Corporación municipal nun novo acto de repulsa ante a violencia de xénero
O alcalde e varios edís participaron no minuto de silencio para condenar o crime e lembrar á vítima, natural de Honduras pero residente en Las Palmas, coa que xa son 1.304 as mulleres asasinadas desde 2003.
- Tema
- Benestar social,
- Igualdade,
- Igualdade de dereitos,
- Violencia de xénero,
- Protección da comunidade

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, xunto a concelleiras e concelleiros do Goberno local e outros membros da Corporación lucense participaron no minuto de silencio convocado ante a Subdelegación do Goberno, para condenar o asasinato de Diana Carolina, de 48 anos, residente en Las Palmas de Gran Canaria, nun novo crime machista ocorrido o pasado 31 de marzo. Unha vez que a Degelación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou esta morte como un novo crime machista, xa son oito as mulleres que no que vai de ano morren a mans das súas parellas ou ex parellas, e un total de 1.302 os feminicidios desde o 2003, ano no que comezaron a contabilizarse estes asasinatos.
Diana Carolina, natural de Honduras e residente en Las Palmas, tiña unha filla maior de idade, que foi a que deu a alerta ao non conseguir contactar coa súa nai. O crime desta muller é o primeiro en Las Palmas de Gran Canaria neste 2025 e tivo lugar unha semana antes da detención do presunto asasino.
