Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Conclusións do segundo día das VI Xornadas sobre Violencia de Xénero organizadas polo Concello de Lugo

Conclusións do segundo día das VI Xornadas sobre Violencia de Xénero organizadas polo Concello de Lugo

  • Tema
    • Igualdade
Venres, 23 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A asociación AMUVI diríxese a menores vítimas da violencia de xénero. Comezaron a súa actividade para axudar aos nenos vítimas, directas e indirectas, da violencia de xénero; tamén as impulsuo a falta de medios nos seus comezos e o gran número de casos.

As principais consecuencias dos maltratos que na asociación atopan son: insensibilización, necesidade de afecto (como contrapunto), sentimento de culpa, culpan ás nais, agresividade, abuso do alcohol, drogas, etc. Estos síntomas varían segundo a idade do neno e tamén do caso.

Os principais obxetivos de AMUVI son: eliminar os prexuicios e os estereotipos de xénero, tamén fixo especial énfasis en facer que aprendan a non ser vítimas (exemplo da muller sumisa) e tampouco agresores.

4º.- Detección de conductas enmascaradas no contexto escolar, Mª Jesús Navarro Otero

Dende os centros educativos faise o seguinte traballo:

-Prevención: mediante a formación dos profesores para que eduquen sen ser sexistas, eduquen en valores e en tolerancia.

-Detección: por parte do profesorado, pai/nai, educador/ra.

-Detección de algunha conducta sospeitosa: baixo rendemento, actitude agresiva,...

-Intervención: realízase unha entrevista onde se fixan na comunicación verbal (que é controlable) e a comunicación corporal (non controlable). Búscase que o neno baixe os niveis de defensa e os comportamentos camufladores, para que exprese o seu verdadeiro problema. Para elo durante o diálogo móstrase empatía para que o neno este máis cómodo.

-Tómanse medidas: aulas especiais, sesións coa orientadora, reforzo da aprendizaxe.

5º. Como actuar ante os problemas que xurden na garda e custodia de menores, Amalia Fernández Doyague

O principal problema na garda e custodia é que non se escoita aos nenos, os cales terían moito que dicir ao respecto.

A custodia pode ser para o pai, nai, tutor ou custodia compartida, esta última non se recomenda nos casos de violencia de xénero xa que se poden producir múltiples problemas (exemplo: a nai teme que o neno sexa agredido).

Ultimamente estase a estender o SAP: Síndrome de Alineación Parental o cal se diagnostica en moitos casos cando as nais comentan que senten medo de que o agresor maltrate o neno ou a ela, isto interprétase como que incide os fillos a que non queiran ver o pai polo que se lle retira a custodia e se lle da o pai, sen comprobar os informes anteriores de agresións, abusos, etc.

O SAP foi creado por un home norteamericano sen nengún tipo de formación, que nos seus libros di cousas como que: “as mulleres son masoquistas e deíxanse violar por isto” ou “que as relacións entre nenos e adultos son normais”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/conclusions-do-segundo-dia-das-vi-xornadas-sobre-violencia-de-xenero-organizadas-polo-concello