Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Concello e Xunta avanzan na revisión do 5% do PXOM pendente de aprobar

Concello e Xunta avanzan na revisión do 5% do PXOM pendente de aprobar

  • Tema
    • Urbanismo
Martes, 24 de abril de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, acompañado por técnicos municipais, reuniuse esta mañá en Santiago de Compostela con responsables da Consellería de Medio Ambiente, Infraestruras e Territorio para avanzar na revisión do 5% do Plan Xeral de Ordenación Municipal que está pendente de aprobación pola Xunta de Galicia.

Segundo manifestou o Concelleiro trala xuntanza, “na reunión quedou en evidencia o espíritu de colaboración entre ambas as dúas administracións e hai un grande interese tanto por parte do Concello como da Xunta para acabar o antes posible ós traballos pendentes, co fin de que Lugo poida dispor canto antes ó cen por cento dun planeamento urbanístico actualizado”.

Na reunión de hoxe, o Concello presentoullle á Xunta de Galicia a documentación, acordada por unanimidade dos tres grupos políticos na Comisión de Planeamento, sobre os núcleos rurales e as súas áreas de expansión e sobre os urbanizables.

Os técnicos da Xunta teñen previsto estudar a próxima semana a documentación entregada e deseguido poñeranse en contacto co Concello para clarexar calqueira dúbida que poidera xurdir.

O Concelleiro de Urbanismo confía en que se chegue a un acordo respecto do 5% do PXOM pendente nas vindeiras semanas.

www.lugo.es/ws/pxom [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concello-e-xunta-avanzan-na-revision-do-5-do-pxom-pendente-de-aprobar

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/ws/pxom