Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Concello e VIESGO asinan un convenio para patrocinar os espectáculos do San Froilán 2015

Concello e VIESGO asinan un convenio para patrocinar os espectáculos do San Froilán 2015

Froito deste acordo, o Concello renomeará ao escenario principal situado na Praza Horta do Seminario como Escenario VIESGO e a compañía instalará unha carpa temática localizada no lateral do Concello para a realización de actividades 

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 30 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Convenio para patrocinar os espectáculos do San Froilán 2015

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Director Xerente de Begasa, Luis García Santalla, asinaron este mércores no Salón de Plenos un convenio de colaboración polo que a compañía Viesgo Infraestructuras Energéticas S.L. aporta a cantidade de 20.000 euros para o patrocinio de espectáculos dos festexos do San Froilán 2015.

Froito deste acordo, o Concello renomeará ao escenario principal situado na Praza Horta do Seminario onde actuarán grupos locais, nacionais e internacionais como Escenario VIESGO e a compañía instalará unha carpa temática localizada no lateral do Concello para a realización de actividades de difusión, dirixidas principalmente aos máis cativos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concello-e-viesgo-asinan-un-convenio-para-patrocinar-os-espectaculos-do-san-froilan-2015