Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Concello e Fundación Secretariado Xitano combaten o desemprego da mocidade xitana con formación especializada

Concello e Fundación Secretariado Xitano combaten o desemprego da mocidade xitana con formación especializada

Ana Abelleira entregou os diplomas ás 10 persoas participantes nun dos cursos de Formatéate con garantía, neste caso sobre o sector do comercio

  • Tema
    • Benestar social,
    • Asociacións sociais,
    • Inclusión
Martes, 19 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e Fundación Secretariado Xitano combaten o desemprego da mocidade xitana con formación especializada

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, participou este martes, na Ferretería, na entrega dos diplomas ás persoas participantes nun dos cursos de Formatéate con garantía, unha iniciativa posta en marcha este ano a nivel nacional por Fundación Secretariado Xitano, coa que colabora o Concello, para combater o desemprego da mocidade xitana, beneficiaria da garantía xuvenil. Trátase de ofrecerlle unha oportunidade aos mozos e mozas, a través da cal descubren e melloran o seu talento, fortalecendo as súas capacidades.

A través desta acción especializada, cunha duración de 300 horas, en Lugo formáronse 10 mozos e mozas menores de 30 anos, e fixeron prácticas no sector do comercio, tanto en caixa como en reposición.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concello-e-fundacion-secretariado-xitano-combaten-o-desemprego-da-mocidade-xitana-con