Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Concello e Club Fluvial organizan os XV Cursos de Piragüismo para rapaces e rapazas dende os 8 anos

Concello e Club Fluvial organizan os XV Cursos de Piragüismo para rapaces e rapazas dende os 8 anos

Todos os interesados poden recoller a solicitude de inscrición nas oficinas da Concellería de Deportes ou no Club Fluvial. A cota do curso será de 25 euros para adultos e nenos

  • Tema
    • Deportes
Mércores, 08 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e Club Fluvial organizan os XV Cursos de Piragüismo para rapaces e rapazas dende os 8 anos

O Concello e o Club Fluvial organizan os XV Cursos de Piragüismo para rapaces e rapazas dende os 8 anos. Así o deu a coñecer este mércores o Concelleiro de de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, quen subliñou que grazas a esta actividade, “os máis cativos poderanse iniciar neste deporte tan arraigado na cidade nunha contorna natural como é o Miño”. Ademais, estes cursos permiten competir nas diversas modalidades do piragüismo, podendo alcanzar cotas máis altas.  

Todos os interesados en participar deberán saber nadar como mínimo 50 metros. Poden recoller a solicitude de inscrición nas oficinas da Concellería de Deportes ou no Club Fluvial. A cota do curso será de 25 euros para adultos e nenos.

Os cursos celebraranse por quincenas de luns a venres, arrincando o vindeiro día 16 de xuño. Terán lugar ata a primeira quincena de setembro, unha quenda pola mañá de 12:00 a 13:00 horas, e dúas quendas pola tarde de 17:00 a 18:00 horas e de 18:00 a 19:00 horas.

Para obter máis información, pódese chamar ao teléfono da Concellería de Deportes 982.29.74.23 ou ao teléfono do Club Fluvial 982.22.11.67. 

Documentos

  • Información Cursos de Piraguismo | Descargar pdf [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concello-e-club-fluvial-organizan-os-xv-cursos-de-piraguismo-para-rapaces-e-rapazas-dende-os-8

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/informacion_cursos_de_piraguismo.pdf