Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Concello e Aspace abordan a creación dun Centro de Atención Integral á Parálise Cerebral e Trastorno Motoro en Lugo

Concello e Aspace abordan a creación dun Centro de Atención Integral á Parálise Cerebral e Trastorno Motoro en Lugo

A edil de Cohesión Social mantivo un encontro coa xunta directiva do colectivo para profundar nas posibles vías de colaboración cara a consecución deste obxectivo.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Infraestruturas,
    • Sanidade,
    • Urbanismo
Venres, 03 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e Aspace abordan a creación dun Centro de Atención Integral á Parálise Cerebral e Trastorno Motoro en Lugo

A concelleira de Cohesión Social, Ana González Abelleira mantivo un encontro coa Federación de Aspace Galicia no que, entre outros asuntos, abordou coa xunta directiva desta entidade a necesidade de que o colectivo dispoña dun local axeitado que reúna as condicións para ser un Centro de Día e poder, así, ampliar a súa atención a máis persoas e familias de toda a provincia de Lugo.

Pola súa parte, a tenenta de alcaldesa incidiu na vontade de colaboración do Concello e tendeu, novamente, a man da Administración local para seguir traballando conxuntamente amosando o seu total apoio ao obxectivo de acadar a posta en marcha na cidade dun Centro de Atención Integral á Parálise Cerebral e Trastorno Motoro.

Audio

  • A concelleira de Cohesión Social, Ana González Abelleira, sobre a reunión con Aspace | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concello-e-aspace-abordan-creacion-dun-centro-de-atencion-integral-paralise-cerebral-e

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/031123_ana_gonzalez_-_reunion_aspace.mp3