Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Concello e Asociación de Hostaleiros preparan un "Entroido Larpeiro"

Concello e Asociación de Hostaleiros preparan un "Entroido Larpeiro"

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 09 de febreiro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, mantivo esta tarde unha xuntanza, na Casa Consistorial, coa Asociación de Hostaleiros de Lugo, presidida por Cheché Real.

O obxectivo, potenciar e promover a gastronomía durante as datas do entroido. Así, os hostaleiros acordaron ofrecer durante estas festas produtos típicos do entroido así como a elaboración de menús e tapas típicas destas datas. Estas accións serán recollidas baixo o lema: “Entroido Larpeiro”.

Os establecementos interesados en colaborar nesta iniciativa poderán inscribirse na Asociación de Hostaleiros da Provincia de Lugo ata o vindeiro xoves día 17 de febreiro.
Todos os participantes serán incluídos nun listado que figurará nos carteis de entroido que o Concello distribuirá para a súa promoción dende a Concellería de Cultura.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concello-e-asociacion-de-hostaleiros-preparan-un-entroido-larpeiro