Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Concello de Lugo, Adif y Xunta avanzan na solución do edificio de Correos para a Intermodal e cítanse nunha semana para seguir dando pasos no convenio

Concello de Lugo, Adif y Xunta avanzan na solución do edificio de Correos para a Intermodal e cítanse nunha semana para seguir dando pasos no convenio

Na reunión mantida hoxe, o Ministerio de Transporte emprazou á Consellería de Infraestruturas a presentar unha primeira proposta de cofinanciamento do complexo.

A alcaldesa, Lara Méndez, insistiu na necesidade de atopar puntos de encontro para que Lugo non se quede descolgada respecto ao resto das urbes galegas. 

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Infraestruturas
Luns, 28 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello de Lugo, Adif y Xunta avanzan na solución do edificio de Correos para a Intermodal e cítanse nunha semana para seguir dando pasos no convenio

As tres administracións implicadas na execución da nova Intermodal, Concello de Lugo, Adif e Consellería de Infraestruturas, avanzaron hoxe nunha proposta de solución conxunta para o pavillón postal del edificio de Correos, incluído de xeito erróneo como inmoble protexido no PXOM, tal e como recoñece o propio equipo redactor do planeamento.

O proxecto da Intermodal de Lugo inclúe a construción dunha nova estación ferroviaria e de autobuses e a execución dunha praza urbana e dun paso inferior de permeabilidade entre ambos os lados das vías.

Na xuntanza telemática, na que participaron a alcaldesa Lara Méndez, a presidenta de ADIF, Isabel Pardo, e a conselleira Ethel Vázquez, tamén se acordou que as tres administracións volverían manter unha nova reunión no prazo dunha semana para avanzar nos temas pendentes do convenio, concretamente os referidos á cofinanciación das áreas comúns e, en especial, dos accesos e do aparcadoiro subterráneo, onde non hai acordo. Para iso, Adif requeríu á Xunta de Galicia que presente a súa primeira proposta de cofinanciación do complexo, para que poida ser estudiada na vindeira reunión.

A rexedora lucense insistiu de novo na necesidade imperiosa de que se dean pasos na sinatura do convenio, documento que establece as responsabilidades de cada unha das administracións e os recursos de financiamento que aportará cada unha, para que Lugo non se quede descolgada das intermodais de Galicia, necesarias para mellorar a mobilidade non só do municipio senón tamén da súa área de influencia.

Pola súa parte, Isabel Pardo comentou que ADIF xa estaba en disposición de redactar o proxecto construtivo da estación ferroviaria para poder licitar, e insistiu especialmente na necesidade de que non se demoren os tempos, mentres que a conselleira Ethel Vázquez anunciou que a Xunta xa ten o proxecto básico da estación de autobuses e que podería avanzar no construtivo.

De xeito paralelo, o Concello traballará coa Xunta para descatalogar o edificio de Correos nun prazo menor de seis meses.

Audio

  • Lara Méndez, sobre a Intermodal | Descargar mp3 [1]
 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concello-de-lugo-adif-y-xunta-avanzan-na-solucion-do-edificio-de-correos-para-intermodal-e

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/280920_lara_mendez_-_intermodal.mp3