Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Xuventude organiza unha quedada sen móbiles con diversas actividades paralelas na zona fluvial

A concellería de Xuventude organiza unha quedada sen móbiles con diversas actividades paralelas na zona fluvial

  • Tema
    • Benestar social,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís,
    • Novas tecnoloxías
Xoves, 30 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Xuventude organiza unha quedada sen móbiles con diversas actividades paralelas na zona fluvial

O Goberno de Lara Méndez, organiza unha quedada sen móbiles para a mocidade lucense, trátase dunha acción incluída no programa +Xti, que subvenciona o Plan Nacional sobre Drogas adscrito á concellería de Xuventude, co obxectivo de “concienciar sobre o abuso do móbil entre os máis novos” apuntaba o edil.

“A actividade está pensada para que os mozos e mozas experimenten a desconexión, estando dúas horas e media sen utilizar o móbil, favorecendo a unión, o encontro e a participación no tempo de ocio, e conectando co que os rodea con diversas actividades paralelas” apuntaba Repetto.

A ‘quedada’ dirixida á mocidade de entre 14 e 35 anos, terá lugar o 6 de xullo, das 18:00 ás 20:30 horas, sendo o punto de encontro a entrada do Parque de Rosalía. A inscrición é gratuíta, cun límite de 20 prazas e poderase realizar dende o día de hoxe, a través de www.lugomasxti.org [1].

A xornada, inclúe unha ruta polo entorno do Miño, co guía local Guido, un teatro de improvisación a cargo da Asociación cultural lucense Curuxan e un pícnic saudable para os asistentes.

“Esta actividade é unha aposta decidida do Executivo de Lara Méndez por levar a cabo actividades, pensadas para as e os máis novos, asemade, de impulsar a súa participación dunha forma sa e divertida”, concluíu Mauricio Reppeto.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-xuventude-organiza-unha-quedada-sen-mobiles-con-diversas-actividades-paralelas

Ligazóns:
[1] http://www.lugomasxti.org/