Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Xuventude ofrece un curso gratuíto de condución 4x4 dentro da programación de ocio alternativo para á mocidade

A concellería de Xuventude ofrece un curso gratuíto de condución 4x4 dentro da programación de ocio alternativo para á mocidade

A actividade, organizada polo Servizo de  Prevención de Drogodependencias ao abeiro do programa +Xti, pon a disposición un total de 36 prazas, divididas en dous grupos de 18 persoas.

As e os interesados poderán apuntarse a patir do mércores, 18 de maio, ás 09:00 horas, no apartado de "inscricións" da web:  www.lugomasxti.org [1].

  • Tema
    • Xuventude
Luns, 16 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo organiza un curso de condución 4X4, o último dos relacionados coa área do motor e que chega ante a alta demanda que tiveron os de preparación de rally, navegación e copilotaxe.

A actividade, que será de balde, inclúese dentro da oferta formativa deseñada pola área de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, ao abeiro do programa +Xti que subvenciona o Ministerio de Sanidade a través do Plan Nacional de Drogas.

“Pretendemos, así, achegar á mocidade lucense, de entre 16 e 40 anos, unha opción formativa capaz de captar o seu interese, que lles proporciona destrezas que os e as capacita para abrir portas dentro do ámbito profesional, outro dos eixes que, dende o Executivo local, pretendemos atender ao tempo que facilitamos unha alternativa de ocio saudable e afastada de hábitos de consumo nocivos”, sinalou o edil.

O Servizo de Prevención de Drogodependencias porá a disposición un total de 36 prazas, que se dividirán en dous grupos de 18 integrantes, cuxas sesións terán lugar o venres 3 e sábado 4 de xuño e o venres 1 e sábado 2 de xullo, respectivamente.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse dende este mércores, 18 de maio, ás 09:00 horas, no apartado de "inscricións" da web:  www.lugomasxti.org [1].

Repetto Morban lembrou que a iniciativa forma parte da estratexia do Executivo de Lara Méndez, trazada co Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, para habilitar toda unha programación de tipo preventivo, nos ámbitos familiar e educativo, pero tamén de ocio alternativo e, por suposto, cun compoñente didáctico.

Documento

  • Cartel curso de condución | Descargar pdf [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-xuventude-ofrece-un-curso-gratuito-de-conducion-4x4-dentro-da-programacion-de

Ligazóns:
[1] http://www.lugomasxti.org/
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/cartel_curso_de_conducion.pdf