Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Xuventude ofrece 75 prazas de balde, para iniciarse no manexo de drons

A concellería de Xuventude ofrece 75 prazas de balde, para iniciarse no manexo de drons

A actividade, terá lugar todos os xoves, venres e sábados do 13 de abril ao 26 de maio.

A inscrición pode realizarse a través da web lugomasxti.org, e será por rigurosa orde ata cubrir prazas.

  • Tema
    • Educación,
    • Formación,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís,
    • Novas tecnoloxías
Mércores, 08 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Xuventude ofrece 75 prazas de balde, para iniciarse no manexo de drons

O goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, organiza, un curso de piloto de drones, dentro da programación do Lugo +Xti 2023, subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas dirixido a lucenses de 16 a 39 anos, empadroados en Lugo.

“Na actualidade, o mundo dos drons está a emerxer con forza, esta actividade é unha moi boa oportunidade para que os lucenses, gratuitamente, teñan unha primeira toma de contacto totalmente práctica, acompañados en todo momento de monitores profesionais neste sector” sinalou o edil ao tempo que especificou que non é necesario ter coñecementos previos para participar no mesmo.

A actividade dura 2 horas, en horario de 16.00 a 18.00 ou de 18.00 a 20.00, os xoves, venres e os sábados do 13 de abril ao 26 de maio. Os mozos e mozas interesados poden inscribirse de maneira individual ou en parella, xa que non se admitirá a máis de dous participantes na mesma sesión para asegurar a atención merecida e a oportunidade de participación de todos os asistentes.

“Dende a concellería de Xuventude seguimos empeñados en ofrecer aos lucenses alternativas de lecer saudables, incompatibles con consumos e que esperten a súa curiosidade e interese cara outras áreas” apuntou Repetto.

As inscricións estarán abertas dende o 13 de marzo ao 13 de maio, a través da web: www.lugomasxti.org [1]. As persoas interesadas deberán indicar a hora de preferencia no formulario de inscrición.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-xuventude-ofrece-75-prazas-de-balde-para-iniciarse-no-manexo-de-drons

Ligazóns:
[1] http://www.lugomasxti.org/