Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Xuventude oferta 15 prazas para un curso de iniciación á cocina para a mocidade

A concellería de Xuventude oferta 15 prazas para un curso de iniciación á cocina para a mocidade

As inscricións - por rigorosa orde de entrada - poden realizarse dende o martes 2 ao mércores 10 de maio, a través da web lugomasxti.org.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Mércores, 03 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Xuventude oferta 15 prazas para un curso de iniciación á cocina para a mocidade

O Executivo de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, e dentro do Programa +XTÍ 2023 subvencionado polo Ministerio de Sanidade (Plan Nacional sobre Drogas (PNsD)), abre o prazo de inscrición para un novo obradoiro gratuíto, neste caso de iniciación á cociña.

A actividade, está dirixida á xuventude de 16 a 25 anos empadroada no Concello de Lugo. Será os sábados 13 e 20 de maio das 9:00 ás 14:00h no Centro de Formación Zertín (Polígono do Ceao, Rúa do Vidro).

“Desta forma preténdese que os mozos e mozas coñezan e se aproximen a elaboracións básicas, fáciles e rápidas, e sobre todo sas, sen ter que recorrer a comidas pouco nutritivas, así como a elaboración dalgunhas das receitas máis necesarias para a cociña diaria”, subliñou Repetto.

Todos os interesados en inscribirse nesta actividade, que conta con 15 prazas, poden facelo  en: www.lugomasxti.org [1] ate o 10 de maio.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-xuventude-oferta-15-prazas-para-un-curso-de-iniciacion-cocina-para-mocidade

Ligazóns:
[1] http://www.lugomasxti.org/