Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Xuventude fomentará a calistenia na zona do Parque Rosalía para fomentar o deporte e o lecer saudable

A concellería de Xuventude fomentará a calistenia na zona do Parque Rosalía para fomentar o deporte e o lecer saudable

As actividades, dirixidas a mocidade, desenvolveranse do 27 ao 29 de xullo, de 11:30 a 13:30 horas. En caso de choiva, trasladaranse ás instalacións de Gravitty.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Deportes,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Sábado, 25 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Xuventude fomentará a calistenia na zona do Parque Rosalía para fomentar o deporte e o lecer saudable

A concellería de Xuventude do Concello de Lugo pon en marcha unha acción deportiva incluída no programa ‘+Xti’, impulsado polo Executivo de Lara Méndez e que subvenciona o Plan Nacional sobre Droga, co obxectivo de “fomentar o deporte e o lecer saudable entre a mocidade, porque a práctica de actividades deportivas é clave na prevención contra as drogas”, sostén o concelleiro, Mauricio Repetto.

As actividades desenvolveranse do 27 ao 29 de xullo, de 11:30 a 13:30 horas, na zona de barras de calistenia do Parque Rosalía. Está dirixida á mocidade de entre 12 e 35 anos. En caso de choiva, a actividade trasladarase ás instalacións do colectivo Gravitty (na rúa Ramiro Rueda 19 baixo).

A inscrición será gratuíta e realizarase na propia actividade. Estableceranse dous grupos, xa que “pode vir xente con nocións e certa condición física capaces de practicar a calistenia, pero tamén mocidade con menos práctica, coa que se traballarán exercicios máis básicos centrados no acondicionamento físico, no medio natural”, sinala o edil.

A calistenia é un sistema de adestramento con exercicios que se realizan co propio peso corporal. O propio corpo é o que exerce como resistencia, traballando así tanto a forza como a capacidade cardiovascular.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-xuventude-fomentara-calistenia-na-zona-do-parque-rosalia-para-fomentar-o