Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concellería de Medio Ambiente solicita á cidadanía que non depositen os enseres pegados aos colectores

A Concellería de Medio Ambiente solicita á cidadanía que non depositen os enseres pegados aos colectores

O servizo de recollida de enseres que presta o Concello de Lugo, é totalmente gratuíto e podese solicitar a través dunha chamada ao teléfono: 982-25-44-83

A retirada destes residuos realízase de luns a sábado, nun prazo máximo de dous días na cidade para o que se precisa un vehículo específico

  • Tema
    • COVID-19,
    • Medio ambiente
Venres, 08 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Dende a Concellería de Medio solicitan colaboración cidada no servizo de recollida de enseres que presta o Concello de Lugo, que é totalmente gratuíto e que se pode solicitar a través dunha chamada ao teléfono: 982-25-44-83 e que actúe con responsabilidade. Insisten que para que o servizo de recollida se poida efectuar dunha maneira ordenada e sen dificultar a limpeza e desinfección da cidade, e importante deixar os enseres preto dos colectores pero non pegados.

Lembrar que no momento de recibir a petición, dende o servizo se lle indicará ao cidadán o día e a hora á que pasarán a recoller os mobles ou enseres dos que que se queira desfacer, dando prioridade ás peticións que se realizan seguindo este procedemento e atendendo a continuación o resto de incidencias non notificadas e das que da conta o propio servizo de recollida.

A retirada destes residuos realízase de luns a sábado, nun prazo máximo de dous días na cidade para o que se precisa un vehículo específico. En canto ao rural, recóllense unha ou dúas veces ao mes, en relación á demanda.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-medio-ambiente-solicita-cidadania-que-non-depositen-os-enseres-pegados-aos